A CIG apoia o rexeitamento do Encontro Sindical da Nosa América (ESNA) ao TIAR

Considera que se trata dun Tratado intervencionista

A CIG manifesta o seu apoio ao comunicado do ESNA (Encontro Sindical Nuestra América), que se reproduce de seguido. A central sindical valora positivamente a postura do Goberno de Uruguai e critica o intervencionismo do TIAR, o pacto de defensa interamericano, por considerar que está “ao servizo dos intereses de EEUU cunha estratexia intervencionista, de xeito colectivo, nunha nación soberana como Venezuela”.

O Tratado Interamericano de Acción Reciproca, TIAR, instrumento promovido desde 1947 por EEUU constitúe un mecanismo de promoción da subordinación da rexión aos ditados da política exterior estadounidense.

Agora pretende usarse o TIAR contra Venezuela, coa complicidade de reximes que na rexión subordinan o seu accionar aos ditados emanados desde Washington.

Nese sentido, desde o ESNA, repudiamos o intento por aplicar o TIAR e saudamos a decisión do Goberno de Uruguai de retirarse do TIAR tras da recente resolución de agresión a Venezuela.

A nosa autonomía dos gobernos, os patróns e os partidos anímanos a saudar esta decisión política uruguaia na defensa da autodeterminación dos pobos e contra calquera forma de intervención contra un país soberano.

Ao mesmo tempo propómonos difundir dita resolución para que os pobos da nosa rexión loiten por decisiones similares nos nosos territorios e rematar con estas institucións da dependencia e a subordinación.

Desde o noso antiimperialismo denunciamos o TIAR, aos EEUU, a súa política de agresión de Venezuela, Cuba e a todo proceso que intente un camiño independente e ao mesmo tempo repudiamos aos gobernos que na nosa América subordinan o seu accionar ao imperialismo estadounidense.

Share on Google+Share on FacebookTweet about this on TwitterShare on RedditShare on LinkedInShare on TumblrEmail this to someonePrint this page